
Foto: Marcos Rodriguez
O luns da Barca, ás 20:00 horas, o Santuario da Virxe da Barca acollerá un ano máis este emotivo encontro entre música, tradición e paisaxe.
A Romaría da Barca volverá vivir un dos seus momentos máis especiais coa actuación de Xabier Díaz, que un ano máis acompañará á veciñanza e ás persoas visitantes no tradicional Alalá de Muxía.
A cita será o luns da Barca ás 20:00 horas, coa caída do sol, ao pé do Santuario da Virxe da Barca. As pedras da Barca volverán ser o escenario dun encontro no que a música e a tradición se funden coa singular paisaxe muxiá para crear un momento único e profundamente ligado á identidade da vila.
O Concello de Muxía convida a veciñanza e visitantes a achegarse a esta cita e compartir xuntos un dos momentos máis emocionantes e arraigados da Romaría da Barca.
Un ano máis, a música de Xabier Díaz será a encargada de poñer voz a unha tradición que continúa viva e que forma parte do patrimonio cultural e emocional de Muxía.
