
O primeiro punto que xerou debate no pleno foi a proposta de autorización do convenio para a celebración das Festiletras do pasado mes de agosto, un asunto no que APIN expresou as súas dúbidas sobre o modelo de colaboración entre o Concello e a Deputación.
Desde APIN cuestionaron o que consideran unha “intromisión” das dúas administracións na organización do evento, ao asumir o Concello a contratación de diferentes infraestruturas e servizos durante parte da xornada do 22 de agosto, concretamente entre as 11.00 e as 21.00 horas.
Segundo explicou APIN, o convenio establece unha achega total de 100.000 euros para as Festiletras, dos cales 80.000 euros son subvencionados pola Deputación, mentres que o Concello se encarga da contratación dos diferentes servizos e infraestruturas contemplados no acordo.
Para APIN, este procedemento resulta pouco claro e consideran que sería máis sinxelo que Concello e Deputación concedesen directamente as correspondentes subvencións á organización, evitando, na súa opinión, trámites e contratacións intermedias.
“Por que non subvencionan ambas as dúas administracións e se deixan de tantos rodeos?”, cuestionou APIN durante o debate.
Como exemplo do modelo de contratación empregado, APIN puxo sobre a mesa o aluguer de baños públicos, cun importe de 10.000 euros, unha cifra que a formación considera especialmente significativa.
A proposta de autorización do convenio foi finalmente aprobada coa abstención de APIN e PSOE
