
Do 5 de outubro de 2026 ao 16 de xuño de 2027
Por segundo ano consecutivo, O Quinteiro de Buño pon en marcha o seu curso de exercicios funcionais, despois do éxito da primeira edición durante a tempada 2025-2026.
A actividade está dirixida a persoas que queiran mellorar a súa forza, mobilidade e autonomía mediante exercicios adaptados e sen impacto, baseados en movementos similares aos que realizamos no día a día.
Trátase dunha proposta especialmente pensada para favorecer un envellecemento activo, contribuíndo tamén á socialización e á creación de hábitos de vida saudables.
💪 Beneficios dos exercicios funcionais
Entre os principais beneficios desta actividade destacan:
- Máis autonomía: axudan a realizar con maior facilidade as tarefas da vida cotiá.
- Menor risco de caídas e lesións: contribúen a mellorar a forza, o equilibrio e a coordinación.
- Máis vitalidade: favorecen un corpo máis forte, flexible e resistente.
- Benestar xeral: ademais dos beneficios físicos, fomentan o bo ánimo e a socialización a través da actividade en grupo.
📅 Información do curso
- Datas: todos os luns e mércores, do 5 de outubro de 2026 ao 16 de xuño de 2027.
- Horario: de 17:00 a 18:00 horas.
- Prazas: o curso conta con 15 prazas. A 30 de setembro quedan 3 prazas dispoñibles, xa que 12 foron asignadas a alumnos e alumnas da edición anterior.
- Prezo:
- Socios/as: 5 € ao mes.
- Non socios/as: 10 € ao mes.
- Forma de pagamento: o primeiro mes aboarase en efectivo o día de comezo da actividade, o 5 de outubro de 2026. As seguintes cotas mensuais pagaranse a trimestre vencido.
📝 Inscrición
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario de inscrición ou contactando por teléfono ou WhatsApp no 606 530 463.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes.
