Comezan as obras de remodelación da zona do baño en Ribadiso

Ribadiso | Arzúa — Xa deron comezo as obras de remodelación da zona do baño de Ribadiso, unha actuación destinada a mellorar e poñer en valor este espazo emblemático do municipio de Arzúa.

A concelleira de Turismo, Promoción Económica e Comercio, Begoña Balado, visitou recentemente a zona para coñecer de primeira man o inicio dos traballos e comprobar a evolución das actuacións.

A intervención permitirá seguir avanzando na mellora e coidado dun dos espazos máis representativos de Ribadiso, un lugar de especial interese tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan o municipio.

Desde o Concello salientan a importancia de continuar investindo na conservación e acondicionamento dos espazos públicos, contribuíndo así a manter e poñer en valor o patrimonio e os recursos turísticos de Arzúa.

🌿 Unha actuación para seguir mellorando, coidando e poñendo en valor un dos espazos máis emblemáticos de Arzúa.