Zas acolle este sábado o IX Torneo de Xadrez

Este sábado, 10 de outubro, o Concello de Zas celebrará o IX Torneo de Xadrez, unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio e que, ano tras ano, reúne a numerosos afeccionados e xogadores de diferentes puntos da provincia.

O torneo conta cunha gran prestixio dentro do panorama xadrecístico provincial e converterá Zas durante esta xornada nun punto de encontro para algúns dos mellores xogadores de xadrez da provincia, que competirán nunha intensa xornada marcada pola estratexia, a concentración e a deportividade.

Desde o Concello de Zas animamos a toda a veciñanza e ás persoas afeccionadas ao xadrez a achegarse para desfrutar desta competición e apoiar aos participantes.

Zas prepárase así para vivir unha nova edición dunha das súas citas deportivas máis destacadas.