
A Asociación Virxe da Fonte de Leiloio organiza unha nova xuntanza veciñal, que terá lugar o vindeiro 21 de novembro de 2026, ás 14:00 horas, no Centro Social de Leiloio.
A cita pretende reunir á veciñanza nunha xornada de convivencia arredor da gastronomía e da amizade. O menú incluirá tortilla, mexillóns, callos á galega, sobremesa, café e bebidas (viño, refrescos e auga).
O prezo será de 22 euros para socios, 25 euros para non socios e 12 euros para nenos de 7 a 12 anos. Os menores de 6 anos terán entrada gratuíta.
As persoas interesadas deberán reservar e adquirir os seus tickets antes do 14 de novembro. Para realizar as reservas están dispoñibles os seguintes teléfonos:
- Carmen: 690 090 892
- Maribel: 616 553 640
- Teresa: 656 594 028
- Bernabé: 669 518 383
Desde a organización animan a toda a veciñanza a participar nesta xornada de encontro e celebración: «Contamos contigo!».
