
O Concello de Noia pon a punto a contorna de Testal para o inicio da campaña marisqueira
Concello de Noia levou a cabo durante esta semana diversos traballos de mantemento e limpeza en distintos puntos do municipio, con especial atención á contorna de Testal, co obxectivo de preparar a zona para o inicio da campaña marisqueira.
As actuacións realizadas polos equipos municipais buscan garantir que a contorna presente as mellores condicións de limpeza e conservación de cara ao comezo dunha nova campaña, que arrincará mañá, 13 de outubro.
Deste xeito, o Concello continúa traballando no coidado dos espazos públicos e na posta a punto dunha zona de especial importancia para a actividade marisqueira e para a economía local.
O inicio da campaña supón unha nova etapa para o sector marisqueiro noiés, fundamental para a actividade económica e social do municipio.




