O GES de Brión rescata un can que caera por un terraplén en Urdilde, Rois

O equipo de garda do Grupo de Emerxencias e Salvamento (GES) de Brión acudiu a Urdilde, no concello de Rois, para rescatar un can que caera por un terraplén e non era quen de saír polos seus propios medios.

O animal quedara atrapado debido ao desnivel do terreo, que lle impedía tanto subir como baixar con seguridade.

Por sorte, os compañeiros do GES de Brión conseguiron achegarse ao can e sacalo da zona na que se atopaba, culminando con éxito o rescate.

Unha intervención que permitiu poñer a salvo o animal grazas á rápida actuación e ao traballo do equipo de garda.