Dúas persoas feridas nun accidente entre un coche e unha moto en Curtis

Dúas persoas resultaron feridas este sábado nun accidente de tráfico no que se viron implicados un coche e unha motocicleta no municipio coruñés de Curtis.

O sinistro tivo lugar no quilómetro 24 da estrada AC-840, á altura da parroquia de Fisteus. Como consecuencia da colisión, tanto o motorista como o condutor do turismo resultaron feridos e tiveron que ser trasladados en ambulancia a un centro hospitalario.

Segundo informou o 112 Galicia, o servizo de emerxencias recibiu o aviso dun particular pasadas as 11:10 horas deste sábado. A persoa que alertou do accidente comunicou que os dous implicados precisaban asistencia sanitaria tras o choque.

Os servizos de emerxencias mobilizáronse para atender os feridos e proceder ao seu traslado ao hospital.