
O home levaba varios días sen dar sinais de vida e foron uns achegados os que alertaron os servizos de emerxencias
Un home octoxenario foi atopado morto este luns na súa vivenda, situada na rúa Pérez Alonso, en Carballo. O falecido levaba varios días sen dar sinais de vida, polo que uns achegados deron a voz de alarma arredor das oito da tarde.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Local, xunto cos bombeiros do parque de Carballo, que colaboraron nas tarefas de acceso ao inmoble.
Unha vez no interior da vivenda, de planta baixa, os equipos de emerxencias localizaron o corpo sen vida do seu morador.
Segundo as primeiras informacións, todo apunta a que o home faleceu por causas naturais.
