Iker Aldao proclámase campión da Copa VF160 de motociclismo

O piloto larachés Iker Aldao continúa a súa progresión no motociclismo de base tras proclamarse campión da Copa VF160, unha das competicións galegas máis destacadas nas categorías de iniciación, dirixida a pilotos de entre 10 e 15 anos.

Este novo éxito chega despois de que Aldao acadase o subcampionato da VF90 a pasada tempada, confirmando así a súa evolución e o seu potencial sobre as dúas rodas.

Os primeiros pasos de Iker neste deporte estiveron vinculados ao programa Xogade coas motos, desenvolvido na Laracha, unha iniciativa que lle permitiu achegarse ao motociclismo e comezar a súa formación como piloto.

Co título da Copa VF160, o mozo larachés suma un novo fito á súa traxectoria deportiva e reafirma o seu progreso nunha disciplina que require habilidade, constancia e preparación.