FUNDAMAR pecha en Cabana de Bergantiños a súa campaña de prevención de riscos laborais 2026

A Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) puxo fin este mércores á súa campaña de prevención de riscos laborais 2026 en Cabana de Bergantiños, cunha última sesión celebrada na antiga capela de Sinde.

A actividade contou coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños e coa presenza do alcalde, José Muíño, que se achegou ata o lugar para acompañar as persoas participantes.

A xornada serviu para poñer o broche final a unha campaña centrada na prevención de riscos laborais no sector pesqueiro e marisqueiro, fundamental para promover unhas condicións de traballo máis seguras e saudables.

Desde a organización agradeceron a participación e destacaron a colaboración, o compromiso e o esforzo de FUNDAMAR e das Mariscadoras Río Anllóns, entidades implicadas no desenvolvemento desta iniciativa.

Con esta última sesión, Cabana de Bergantiños sumouse unha vez máis ás accións de sensibilización e prevención destinadas a mellorar a seguridade laboral das persoas que traballan no mar e no marisqueo.