
O Concello de Coristanco vén de rematar as obras de saneamento nos núcleos de Amboade e Rial, unha actuación destinada a eliminar as verteduras ao río e mellorar a protección do medio ambiente.
Grazas a esta intervención, un total de 33 habitantes, distribuídos en 21 vivendas, poderán dispoñer do servizo de saneamento municipal, mellorando así as infraestruturas básicas e a calidade de vida da veciñanza.
Estas obras súmanse ás actuacións executadas recentemente nos núcleos de Carantos, Podrizo, Nogueira e Rodeiro, dentro dos traballos que se están a desenvolver para ampliar a rede de saneamento no municipio.
Con esta intervención, Coristanco continúa avanzando na mellora dos servizos públicos, na protección dos recursos naturais e na prevención da contaminación dos cursos fluviais, dando novos pasos cara a un municipio máis limpo e sostible.
