Faro da Costa habilita un correo de contacto para familias acolledoras de nenos saharauís que viviron malas experiencias

Tras as queixas recibidas e a gran expectación xerada pola última noticia publicada por Faro da Costa, o medio pon á disposición das familias acolledoras de nenos saharauís unha canle de contacto para que poidan compartir as súas experiencias.

O obxectivo é dar voz a aquelas familias que viviron situacións difíciles ou experiencias negativas durante o acollemento e que desexen contar o seu testemuño.

As persoas interesadas poden enviar o seu relato, así como a información que consideren relevante, ao seguinte enderezo electrónico:

Noticias@farodacosta.com

Desde Faro da Costa animamos as familias que atravesaron algunha situación complicada a poñerse en contacto coa redacción para coñecer de primeira man as súas experiencias.

O medio comprométese a escoitar os testemuños recibidos e a valorar a información con responsabilidade, respectando a privacidade das persoas implicadas e, especialmente, a protección dos menores.

Se viviches unha mala experiencia como familia acolledora, queremos escoitarte.