Os bombeiros interveñen nun incendio na cuberta dunha vivenda en Vilar, Trazo

Foto Ges Brión

Onte pola tarde, os Bombeiros de Ordes solicitaron apoio a través do CIAE 112 para intervir nun incendio na cuberta dunha vivenda situada en Vilar, no concello de Trazo, que presentaba risco de propagarse a outras casas lindeiras.

Ata o lugar desprazouse o equipo de garda de hoxe, que colaborou nas tarefas de extinción xunto cos Bombeiros de Ordes e Betanzos.

No operativo tamén participaron efectivos de Protección Civil de Trazo e da Garda Civil.

A actuación conxunta dos servizos de emerxencia centrouse en controlar o lume e evitar a súa propagación ás vivendas próximas.