

📍 Bertamiráns, Ames
As fotografías tomadas hoxe amosan un tramo de aproximadamente 50 a 60 metros do paseo fluvial de Bertamiráns que permanece sen iluminación, dificultando que os veciños poidan camiñar con seguridade e comprobar o estado do pavimento.
Ante esta situación, pedimos ao Concello de Ames que revise a avaría e restableza o alumeado público canto antes. Así mesmo, solicitamos que se comprobe o estado do resto das luminarias do paseo para garantir o seu correcto funcionamento.
O mantemento dos espazos públicos e a seguridade da veciñanza deben ser unha prioridade. Todas as persoas teñen dereito a desfrutar dos paseos e espazos comúns en condicións adecuadas, sen ter que camiñar ás escuras e asumir riscos innecesarios.
Menos publicidade e máis xestión. A veciñanza merece solucións, mantemento e servizos públicos en condicións.
