
O Concello de Vimianzo é beneficiario dunha axuda destinada á contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do programa TR350E, cofinanciado pola Unión Europea.
Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a cualificación profesional da mocidade, favorecer a súa empregabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral mediante oportunidades de emprego que contribúan á adquisición de experiencia e ao desenvolvemento de competencias profesionais.
Con esta actuación, o Concello de Vimianzo reafirma o seu compromiso co fomento do emprego xuvenil e co impulso de medidas que favorezan a inserción laboral da mocidade, contribuíndo así ao seu desenvolvemento profesional e á creación de novas oportunidades de futuro.
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa TR350E.
