ÁNGELES VÁZQUEZ ASISTE ÁS TOMAS DE POSESIÓN DOS NOVOS ALTOS CARGOS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, asistiu esta mañá aos actos de toma de posesión dos novos altos cargos do departamento autonómico.

Durante o acto, a conselleira deu a benvida á nova secretaria xeral técnica, Carmen Bouso; ao novo director xeral de Persoas con Discapacidade, Perfecto Rodríguez; e á nova directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría.

Así mesmo, Ángeles Vázquez agradeceu o traballo desenvolvido por María Francisca Gómez, Begoña Abeijón e Eloína Ingerto, que desempeñaron estas responsabilidades ata o de agora.

Con estes nomeamentos, a Consellería de Política Social e Igualdade incorpora os novos responsables ás áreas de xestión técnica, atención ás persoas con discapacidade e promoción da igualdade.