ÁNGELES VÁZQUEZ ABORDA COA DIRECTIVA DA POIG AS POSIBILIDADES DE COLABORACIÓN EN GALICIA

A Xunta e a Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia comparten o obxectivo de garantir a protección, o benestar e o desenvolvemento dos nenos e adolescentes.*

*Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026.*– A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva da Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia (POIG), na que abordaron posibles vías de colaboración para reforzar a defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia na comunidade.

No encontro participaron o vicepresidente da POIG, Victorino Escamilla; o secretario xeral, Julio Barreiro; o tesoureiro, Xesús Vilas; e a directora da plataforma, Inés Salteiro. Durante a reunión, ambas as partes puxeron de manifesto o seu obxectivo común de garantir a protección, o benestar e o desenvolvemento integral de todos os nenos, nenas e adolescentes galegos.

Neste sentido, Ángeles Vázquez trasladou a vontade da Xunta de Galicia de manter e reforzar a colaboración coas entidades sociais que traballan no ámbito da infancia, contribuíndo á defensa dos seus dereitos e á mellora das súas condicións de vida.

A conselleira tamén agradeceu o labor que desenvolve a POIG e as organizacións que a integran, destacando a súa contribución á protección da infancia e á promoción do benestar dos nenos e adolescentes en Galicia.