
PP, PSOE e demais partidos deberían deixar de utilizar as institucións como oficinas de colocación. As administracións públicas non son propiedades dos partidos nin os postos de responsabilidade premios pola fidelidade política.
Os técnicos están para traballar, os profesionais para achegar solucións e os responsables políticos para xestionar, non para poñer obstáculos.
Menos cargos, menos enchufismo, menos intermediarios e máis profesionais preparados.
Porque un país no que importa máis ter o carné dun partido ca saber facer o traballo está condenado a perder eficiencia, recursos e oportunidades.
E mentres uns se reparten os postos, outros seguen esperando solucións.
AS INSTITUCIÓNS SON DOS CIDADÁNS, NON DOS PARTIDOS POLÍTICOS.
