

As obras de ADIF xa están en marcha en Fene, coa instalación de muros, peches e valados que están a cambiar a contorna das propiedades afectadas.
Unha actuación que chega tras anos de reivindicacións e loita por parte das persoas propietarias, que defenderon os seus dereitos e trataron de preservar as súas fincas.
A sensación que queda agora entre os afectados é de impotencia e resignación. Despois de tantos anos de loita, nin sequera poderán gozar plenamente das súas propiedades ata o último momento.
Anos de reivindicacións que rematan entre muros e reixas. Un desenlace que deixa un sabor amargo entre quen leva tanto tempo loitando polo que considera seu.
