
O proxecto ambiental «Entre Crebas», impulsado por Mar de Fábula en colaboración co CIS da Coruña, sacou á luz 427 residuos na praia das Lapas durante unha inspección realizada o pasado 4 de novembro.
As 17 persoas participantes localizaron plásticos, aparellos de pesca, 152 cabichas, 75 anacos de vidro, restos de uralita, toalliñas húmidas e outros refugallos.
A primeira revisión, de 40 minutos, non detectara ningún residuo, pero unha inspección máis exhaustiva revelou a contaminación agochada entre a area, as algas e a vexetación.
Desde Mar de Fábula alertan de que practicamente ningunha praia do litoral galego cumpre os criterios europeos de excelencia ambiental.
A actividade contou coa colaboración do CIS e o apoio económico da Deputación da Coruña.
«Non é o noso lixo, pero si é o noso planeta».
