

As obras de mellora da ponte da estrada DP-8001, ao seu paso pola parroquia de Grixalba, avanzan cun investimento de 1,27 millóns de euros por parte da Deputación da Coruña.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, visitou os traballos acompañado pola deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e representantes do Concello de Sobrado.
A actuación permitirá mellorar a seguridade viaria e a mobilidade, habilitando a circulación de vehículos nos dous sentidos e incorporando unha beirarrúa de 1,80 metros de ancho para os peóns.
Segundo as previsións, as obras estarán rematadas nos primeiros meses de 2027, mellorando así as comunicacións e a seguridade na parroquia de Grixalba.
