
O sindicato USO e o comité de empresa de Bimba y Lola, coa representación da CIG, denuncian as precarias condicións laborais do persoal do almacén de Mos.
Segundo explican, hai cinco meses presentaron unha proposta de melloras salariais e laborais, pero a empresa continúa sen ofrecer avances. Denuncian soldos próximos ao SMI, categorías profesionais inferiores ás correspondentes e traballadores con ata 20 anos de antigüidade que seguen como auxiliares, ademais de problemas cos descansos semanais.
Os representantes dos traballadores amosan a súa indignación ante o contraste entre os beneficios millonarios da compañía e os baixos salarios do persoal.
O comité advirte de que, se non hai unha negociación real, convocaranse mobilizacións
