
A Confraría de Pescadores de Lira foi beneficiaria este ano dunha axuda de **23.754 euros, financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)**, destinada ao desenvolvemento de accións formativas dirixidas ao sector pesqueiro.
O proxecto, correspondente ao expediente **PE610A-2026-00021**, ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento da formación profesional e da aprendizaxe permanente dos profesionais do mar, facilitando a adquisición de coñecementos e competencias necesarias para o desempeño da súa actividade.
No marco desta iniciativa están previstos tres cursos de formación:
– Patrón Local de Pesca, sección de Ponte e Común.
– Patrón Local de Pesca, sección de Máquinas.
– Formación Sanitaria Específica Inicial Básica.
Durante este mes de novembro remataron dúas destas accións formativas: o curso de Patrón Local de Pesca, sección de Ponte e Común, e o de Formación Sanitaria Específica Inicial Básica. Continúa así o desenvolvemento do programa formativo, que inclúe tamén a formación de Patrón Local de Pesca, sección de Máquinas.
Os beneficiarios desta iniciativa son todos os alumnos participantes nos cursos, que teñen a oportunidade de ampliar a súa preparación e mellorar a súa cualificación profesional.
Con este proxecto, a Confraría de Pescadores de Lira reafirma o seu compromiso coa formación da xente do mar, apostando pola capacitación dos profesionais, a mellora das competencias e o fortalecemento do sector pesqueiro.




