Dous detidos en A Coruña tras un rexistro da UCO no barrio dos Mallos

Dous persoas foron detidas na Coruña durante a mañá deste martes, tras un operativo policial desenvolvido pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.

A intervención céntrase no barrio dos Mallos, onde os axentes están realizando rexistros nunha vivenda situada na rúa Santander.

A operación forma parte dun dispositivo despregado en diferentes puntos da xeografía española, aínda que polo momento non transcenderon máis detalles sobre a investigación nin sobre os motivos das detencións. Todo indica que pedería tratarse dun asunto de Trata de persoas.

O operativo continúa en marcha e agárdase que nas próximas horas poidan coñecerse novos datos sobre esta actuación policial.