Independientes por Cee reclama máis atención, limpeza e iluminación nos camiños da vila

A formación pide ao Concello que escoite as demandas da veciñanza e adopte medidas para mellorar a seguridade e a accesibilidade dos espazos públicos.

Independientes por Cee reclama ao goberno municipal unha maior atención ás necesidades da veciñanza e a posta en marcha de actuacións básicas para mellorar o estado dos camiños da localidade.

A formación considera que ser alcaldesa de Cee implica escoitar as peticións dos veciños e veciñas e trasladalas á realidade mediante solucións concretas, especialmente cando se trata de necesidades que consideran perfectamente asumibles.

Entre as principais demandas figuran a limpeza e o mantemento dos camiños, así como a instalación ou mellora da iluminación para facilitar o tránsito das persoas en condicións adecuadas de seguridade.

Desde Independientes por Cee consideran que non se están reclamando grandes investimentos nin actuacións complexas, senón servizos básicos como atención, limpeza e iluminación, que resultan fundamentais para o día a día da cidadanía.

A formación insiste na importancia de atender estas peticións e lembra que escoitar á veciñanza debe traducirse en feitos e melloras visibles nos distintos puntos do municipio