
Os traballadores e traballadoras do sector de ambulancias da comarca de Ferrol concentráronse antonte, diante das dependencias do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), para amosar o seu apoio a unha compañeira despedida recentemente pola empresa Ambulancias del Cantábrico.
A mobilización tiña como obxectivo expresar a solidariedade do persoal coa traballadora e acompañala durante o proceso relacionado co seu despedimento.
A concentración, convocada ás 9:30 horas, serviu para visibilizar o respaldo dos profesionais do sector á compañeira afectada e á súa situación laboral.
