Buño volverá encherse de luz, música e ilusión co Nadal coa celebración de “Luz e Maxia no Quinteiro 2026”

A cita terá lugar o sábado 5 de decembro e incluirá un obradoiro de adornos de Nadal, chocolatada, panxoliñas co Coro de Buño e o acendido da árbore.

Buño prepárase para recibir o Nadal cunha tarde cargada de ilusión, tradición e actividades para toda a familia. Tras o éxito da pasada edición, o vindeiro sábado 5 de decembro celebrarase unha nova edición de **“Luz e Maxia no Quinteiro 2026”**, unha iniciativa especialmente pensada para os máis pequenos, pero aberta a veciños e visitantes de todas as idades.

A actividade desenvolverase entre a antiga Carnicería de Guillermo, na Praza de Santa Xusta, e a Praza de Buño, nunha xornada que combinará creatividade, convivencia e espírito navideño.

O programa dará comezo ás **16:30 horas cun obradoiro de adornos de Nadal e unha chocolatada**, no que os nenos e nenas poderán elaborar pezas artesanais que posteriormente pasarán a formar parte da decoración da gran árbore de Nadal de Buño. Os participantes deberán asistir acompañados dunha persoa adulta e será necesario inscribirse previamente para participar no obradoiro e na chocolatada.

A partir das **18:00 horas**, a celebración trasladarase á árbore de Nadal, onde veciños e participantes colaborarán na súa decoración cos adornos elaborados durante o obradoiro e con aqueles que achegue a comunidade. A música tamén terá un papel protagonista, coa actuación do **Coro de Buño**, que acompañará o encontro con tradicionais panxoliñas.

O momento máis esperado da tarde chegará ás **18:30 horas, co acendido oficial das luces da árbore de Nadal**, un acto simbólico que marcará o inicio das celebracións navideñas na localidade.

“Luz e Maxia no Quinteiro” pretende ser moito máis que unha actividade infantil: un espazo de encontro interxeracional para compartir unha tarde doce, divertida e chea de ilusión, na que pequenos, familias, maiores e amizades poidan gozar xuntos da chegada do Nadal.

A organización anima a toda a veciñanza a participar e acudir acompañada dos máis pequenos da casa para vivir esta celebración colectiva.

**Programa:**

– **16:30 h:** Obradoiro de adornos de Nadal e chocolatada (inscrición previa).

– **18:00 h:** Decoración da árbore e panxoliñas co Coro de Buño.

– **18:30 h:** Acendido oficial das luces de Nadal.

**Lugar:** Antiga Carnicería de Guillermo, Praza de Santa Xusta e Praza de Buño.

**Data:** Sábado, 5 de decembro de 2026.

**Inscrición para o obradoiro:** [Formulario de inscrición](https://docs.google.com/…/1FAIpQLSeXSowxdl0W1w…/viewform).