
O Concello de Coristanco reforza estes días a súa capacidade de resposta fronte aos incendios forestais. Co gran apoio de moitos veciños logramos ter dispoñibles 28 cisternas con capacidade total para 265.000 litros de auga, xunto con maquinaria destinada a labores de roza e movemento de terras.
Este dispositivo conta coa colaboración de máis de trinta persoas —entre agricultores, gandeiros e empresas locais— que se implican directamente nesta campaña de prevención e resposta rápida. Resulta indispensable estar preparados e contar cos medios necesarios para actuar con axilidade en caso de emerxencia.
Animamos a toda a cidadanía a colaborar nas tarefas de prevención: manter limpas as vías de acceso, revisar as zonas de risco e estar informados das medidas de seguridade. Cada pequeno xesto suma na defensa do noso territorio.
A unión de esforzos entre administración, produtores locais e veciñanza é a mellor garantía para protexer o noso medio natural e a nosa xente