A Residencia Universitaria Rialta acolleu o IV Open Internacional de Xadrez «José Antonio Ferreño»

A Residencia Universitaria Rialta foi escenario onte do IV Open Internacional «José Antonio Ferreño» de xadrez, unha competición organizada polo Club Escola Xadrez Culleredo.

O evento reuniu os afeccionados e participantes arredor dunha xornada dedicada a este deporte, caracterizado pola estratexia, a concentración e a habilidade dos xogadores.

Á competición achegouse tamén a concelleira de Deportes, Cristina Pardo, que asistiu ao desenvolvemento do torneo.