
Os Bombeiros de Sarria tiveron que intervir no rescate da persoa accidentada, que tiña dificultades para saír do vehículo ao quedar bloqueadas as portas.
Unha persoa resultou ferida despois de que o vehículo no que viaxaba se precipitase por un barranco duns 30 metros de profundidade en O Cereixal, no municipio lucense de Becerreá.
O accidente produciuse pouco despois das nove da noite do mércores. Foi a propia condutora quen chamou ao 112 Galicia para alertar do sucedido e explicar que tiña dificultades para abandonar o vehículo, xa que as portas quedaran bloqueadas.
Ante esta situación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Sarria.
Os efectivos descartaron finalmente a necesidade de realizar labores de excarceración, aínda que tiveron que acceder ata o lugar do accidente a través dun camiño situado na parte inferior do desnivel, debido á complexidade do terreo.
Unha vez chegaron ata a persoa ferida, os bombeiros trasladárona ata a ambulancia para facilitar a súa atención por parte do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O operativo permitiu completar o rescate nunha zona de difícil acceso, despois de que o vehículo se precipitase por un barranco duns 30 metros de profundidade.
