

Unha cascada de augas residuais está a desembocar no mar na zona de Bens, na Coruña, debido á rotura dunha tubaxe do colector que transporta os residuos desde Arteixo ata a depuradora.
Segundo informan fontes municipais, a incidencia produciuse no conducto que canaliza as augas residuais cara á estación depuradora, provocando unha vertedura directa ao mar.
A Xunta xa está a traballar na reparación da avaría co obxectivo de restablecer o funcionamento normal da infraestrutura e frear a saída de residuos ao litoral.
A incidencia preocupa polo posible impacto ambiental na contorna costeira de Bens, mentres se desenvolven os traballos para solucionar a rotura. Polo momento, non transcendeu canto tempo poderán prolongarse as tarefas de reparación nin o alcance dos efectos da vertedura sobre o medio mariño
