
A CIG denunciou a situación de “indefensión e abandono institucional” que están a sufrir entre 10 e 12 traballadoras do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) de Carballo, tras ser identificadas pola Consellería de Sanidade como contactos estreitos dun caso confirmado de hepatite A.
Desde a central sindical reclaman o establecemento dun plan de actuación coordinado ante alertas sanitarias no servizo para garantir a protección real das persoas traballadoras que atenden á poboación máis vulnerable. As afectadas, cuxo número exacto descoñécese, xa que a empresa non o facilitou á representación legal das traballadoras nin comunicou o ocorrido ao propio Concello, recibiron un escrito oficial do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas no que se lles indicaba que debían acudir ao servizo de prevención de riscos laborais da súa empresa.
Con todo, a concesionaria do SAF en Carballo, derivou a responsabilidade ao Sergas, indicando que se trataba dun problema de saúde pública.