
Un veciño de Carballo foi asaltado a punta de navalla cando voltaba camiñando pola rúa das festas de Bértoa. Os feitos acontecerón sobre as 2.30 horas da madrugada do domingo, día 17.
O autor material destes feitos é un mozo duns 25 anos e 1,70 metros de estatura e complexión delgada. O rapaz non puido verlle a cara porque levaba unha carapucha. Ía vestido totalmente de negro.
Antes do atraco seguiuno un intre. O home tentou zafarse indo da beirarrúa á calzada, pero o atracador fixo o mesmo. Nese momento abordouno e pediulle diñeiro.
A vítima respondeu que non tiña e foi entón cando o asaltante esgrimiu un coitelo duns 20 centímetros. O home revolveuse e tentou apartalo co paraugas que levaba, pero o mozo respondeu e encerelláronse. Finalmente o home sacou un billete de cincuenta euros e outro de cinco da súa carteira e tirouno ao chan. O mozo aínda lle obrigou a ensinarlle que non levaba nada máis. «Agora, desaparece!». Iso foi o último que lle dixo.Palabras descoñecidas