Junior Pro Razo Evento internacional de Surf

Do 24 ao 27 de setembro volve o Junior Pro Razo, e arredor dese gran evento internacional de surf celebrarase outro de contido gastronómico: Onda Bocata Fest, no que participarán nove establecementos hostaleiros carballeses para ofrecer unha oferta moi diversa de bocadillos gourmet cun ingrediente obrigatorio: o Pan de Carballo.

📆 26, 27 e 28 de setembro

📍Praia de Razo

⌚Venres, de 18.30 a 23.00 h; sábado, de 12.30 a 23.00 h, e domingo, de 12.30 a 17.00 h

🍴 Participan Mesón do Pulpo, Asador Gonzaba, Pazo do Souto, O Lambón, La Fugazzeta, Maloserá, Albaroque, A de Pako e Espazo Gastro Nature

🌮15 bocadillos diferentes a prezos de 8 a 12 euros