
¡Coristanco convértese nunha referencia agroprofesional!
Dentro da 43ª Festa da Pataca, que terá lugar os vindeiros 20 e 21 de setembro, este ano estrearase o I Encontro Agroprofesional da Pataca, unha xornada técnica organizada polo Concello de Coristanco en colaboración coa Revista Campo, a Asociación de Pobos Produtores de Pataca, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña .
O programa inclúe:
9:30 h: Inauguración oficial a cargo do alcalde Juan Carlos García e de Máximo Gómez, director da Revista Campo.
Ponencias sobre temas de gran relevancia para o sector: produción de pataca en Coristanco, conservación, mecanización, selos de calidade e, por suposto, unha mesa redonda e debate sobre os retos e oportunidades do sector patateiro.
Clausura ás 13:20 h coa intervención de María José Gómez Rodríguez, Conselleira de Medio Rural
Un evento pensado para que agrónomos, produtores, técnicos e interesados poidan compartir coñecemento, debater os desafíos do cultivo e seguir apostando pola pataca Kennebec de Coristanco, un produto de máxima calidade e identidade local.