Adro do Vilaño doa 1000€ en causas solidarias

O pasado venres Adro do Vilaño fixo entrega dos cheques solidarios recadados coa Andaina Saudable e Solidaria, organizada dentro da VIII Carreira Popular celebrada en xullo.

Grazas á participación de todas as persoas , puideron doar 500 € a Cáritas de Laracha e outros 500 € á Asociación Española Contra o Cancro, apoiando así o seu importante labor na nosa comunidade.

Dende Adro de Vilaño queren dar as grazas de corazón a todas as persoas participantes, colaboradoras e entidades que fixeron posible unha nova edición deste multitudinario evento.