O biólogo Diego Rodríguez ensinou o mundo das aves os veciños de Ponteceso

Onte, o biólogo Diego Rodríguez veu ata o Concello de Ponteceso para ensinar o mundo das aves.

A concelleira de Cultura, Raquel Fondo, recibiu ás persoas asistentes na praza do Relleno, de onde saíron rumbo ao río Anllóns.

Durante o percorrido puideron observar paporrubios, garzas, gaivota escura, culleireiros, e moitas máis.

Coas explicacións do experto coñeceron curiosidades destes animais á vez que gozaron dunha paisaxe espectacular.