
O Concello de Ponteceso recibe unha axuda de 45.000 euros de Augas de Galicia para facer as obras necesarias para minimizar a perda de auga.
O alcalde, José Manuel Mato, esta a traballar para intentar conseguir o maior número de subvencións posibles por parte das diferentes entidades publicas.
Segundo as palabras do alcalde, as achegas e convenios con outras entidades son «esenciais para seguir realizando actuacións e proxectos pensando na mellora de servizos e infraestruturas para a veciñanza».