
Que tarde tan máxica vivimos hoxe en Laxe! ![]()
O Obradoiro “Contos en figuras luminosas” celebrado no Local Social Valle Inclán foi todo un éxito
. As crianzas déronlle vida ás súas historias a través da luz e da imaxinación ![]()
creando figuras sorprendentes e cheas de cor!
![]()
Participaron nenas e nenos a partir de 8 anos, que desfrutaron dunha experiencia creativa e divertida, onde os contos cobraron vida dun xeito diferente e moi especial ![]()
Desde o Concello de Laxe queremos dar as gracias a todas as persoas participantes e a quen fixo posible esta actividade.
Seguimos apostando pola cultura, a creatividade e o desfrute en familia