Mañá comeza no Centro Sociocultural de Zas unha nova tempada do programa de Baile para Maiores

Mañá sábado comeza unha nova edición do programa de Baile para Maiores que se desenvolverá todos os sábados de 19:00 a 22:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. Cada sábado contaremos cunha actuación de música en directo e o encargado de animar a primeira sesión, a de mañá día 11 de outubro, será o dúo Mar da Vila. Seguiranlle Blanca Doble (o 18 de outubro) e o dúo Mar de Caión (25 de outubro).

Este é un programa posto en marcha polo Concello de Zas dende hai máis de dez anos  que se prolongará ata o verán cunha variedade de actuacións musicais coas que se lles ofrece unha alternativa de ocio e de socialización aos nosos maiores.