
O Concello dá comezo á reforma da cantina do Campo de Fútbol do Cairo, en
Corme-Porto.
O proxecto conta cun orzamento de 59.125,90 euros e coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte.
Co obxectivo de modernizar e facer máis accesible o espazo, substituirase a cuberta, a estrutura e os peches, asi como o peche frontal por unha carpintería acristalada.
Renovarase, ademais, a
instalación eléctrica, iluminación e
fontanería, entre outras actuacións.
O alcalde, José Manuel Mato, sinalou que «o deporte e o apoio aos clubs e eventos deportivos de Ponteceso sempre terán no Concello o seu principal aliado».



