Un total de 109 persoas participan na terceira edición do Programa de Democratización do Coñecemento

Un total de 109 persoas, a capacidade máxima do auditorio do Fórum Carballo, participan na terceira edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da UDC e dirixido a persoas maiores de 50 anos.

A iniciativa desenvólvese ao longo dos meses de outubro e novembro, e hoxe arrinca o segundo módulo, sobre ciencias da terra e tecnoloxía, co seguinte programa:

🟢28 de outubro: (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión, co profesor Sergio

Rodríguez Roiloa.

🟢29 de outubro: ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos

xenes, coa profesora Gloria Mª González Fortes.

🟢4 de novembro: Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas, co profesor Álvaro Michelena Grandío.

O Programa de Democratización do Coñecemento foi inaugurado pola directora da Universidade Sénior, Matilde García; a concelleira de Educación e Terceira Idade, Mar Eirís, e o alcalde, Daniel Pérez. Aquí tedes algunhas imaxes.