
Toupiña e o seu inseparable axudante Protonio traen un espectáculo cheo de ciencia, curiosidade e diversión. A través de experimentos dinámicos e sorprendentes, descubrirán connosco a importancia de facer preguntas, de investigar e de aprender xogando… e sempre poñendo en valor o galego como lingua científica.
11:00 h
Biblioteca Municipal de Coristanco
Idades: a partir dos 5 anos
Duración: 35-40 minutos
Actividade gratuíta, con prazas limitadas.
É preciso inscribirse previamente: 981 733 280.