O Luns 3 de novembro disfruta do show toupiciencia no Concello de Coristanco

Toupiña e o seu inseparable axudante Protonio traen un espectáculo cheo de ciencia, curiosidade e diversión. A través de experimentos dinámicos e sorprendentes, descubrirán connosco a importancia de facer preguntas, de investigar e de aprender xogando… e sempre poñendo en valor o galego como lingua científica.

🗓️ Luns, 3 de novembro

🕚 11:00 h

📍 Biblioteca Municipal de Coristanco

Idades: a partir dos 5 anos

Duración: 35-40 minutos

📌 Actividade gratuíta, con prazas limitadas.

👉 É preciso inscribirse previamente: 981 733 280.