V Encontro de Turismo da Costa da Morte no pazo Carballés de Vilar de Francos

🌊 O Pazo carballés de Vilar de Francos acolleu onte o V Encontro de Turismo da Costa da Morte, organizado pola CMAT coa colaboración da Deputación da Coruña e Turismo de Galicia.

Máis de 150 profesionais e representantes institucionais compartiron ideas e experiencias arredor dun turismo sostible, auténtico e de calidade, co obxectivo de seguir mellorando o destino turístico Costa da Morte.

🗣️ O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, foi o encargado de abrir o acto e dar a benvida, destacando que “non hai mellor campaña turística que ser nós mesmas, manter e conservar o que nos fai diferentes.” Tamén subliñou que “desde a singularidade da Costa da Morte, temos todo para proxectarnos cara o mundo e ser universais».

O concelleiro de turismo e vicepresidente provincial, Xosé Regueira, salientou que “2025 vai rematar cun balance excepcional para o turismo da Costa da Morte”, e adiantou que o eclipse total e o próximo Xacobeo serán dúas citas que suporán «unha oportunidade irrepetíbel, se estamos preparamos para xestionala correctamente”.

👏 No encontro recoñeceuse o traballo das nove asociacións de palilleiras da Costa da Morte, e entregouse o nomeamento da III Embaixadora da Costa da Morte á actriz fisterrá Marta Lado.

Unha xornada para reflexionar, compartir e seguir construíndo un destino de excelencia.