Atopan falecida a unha veciña de Abegondo e a súa nai é evacuada pero falece horas máis tarde

Unha veciña de Abegondo, de 50 anos, foi atopada sen vida no seu domicilio despois de que a Garda Civil e os servizos sanitarios do 061 recibisen un aviso o mércores 19, arredor das 17:00 horas. Na vivenda tamén se atopaba a súa nai, de 87 anos, en estado moi grave, con constantes vitais moi baixas. Foi evacuada de inmediato ao CHUAC, onde faleceu unhas horas despois.

Polo de agora, as causas de ambas mortes non foron confirmadas. A investigación continúa aberta á espera dos resultados das autopsias, aínda que fontes directas do caso sinalan que non existen signos de violencia no lugar dos feitos.

A comunidade de Abegondo permanece consternada ante o falecemento de nai e filla, mentres se traballa para esclarecer o sucedido.