Unha muller ferida ao caer dun teito dun galiñeiro en Cerceda

Unha muller resultou ferida na tarde deste luns en Casaldalbre, no municipio de Cerceda (A Coruña), tras caer desde uns tres metros mentres colocaba o novo teito dun galiñeiro na súa propiedade.

A vítima sufriu un traumatismo cranioencefálico e, aínda que permanecía consciente, os profesionais do 061 consideraron necesario o seu traslado nun helicóptero medicalizado con base en Santiago ao Hospital Clínico, onde quedou ingresada para unha avaliación máis completa.

Ao lugar do accidente acudiron equipos do Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Cerceda, que asistiron á muller e colaboraron no operativo de evacuación.