
Un accidente rexistrado esta mañá no quilómetro 11 da AG-55 saldouse cun ferido leve. Segundo as primeiras informacións, o sinistro produciuse tras a colisión entre dous vehículos que circulaban en sentido Coruña, o que provocou retencións puntuais na zona mentres os servizos de emerxencias traballaban no lugar.
Ata o punto desprazáronse efectivos do 112 Galicia, Garda Civil de Tráfico e sanitarios do Servizo de Urxencias, que atenderon ao ocupante dun dos coches, quen presentaba feridas de carácter leve e foi trasladado a un centro hospitalario para unha revisión máis detallada. Os axentes investigan agora as causas do accidente.